BNG e PSOE chegan a un acordo e firman un pacto de goberno para Salceda

:: Os nacionalistas quédanse con seis concellerías e os socialistas xestionarán dúas : :

María Díaz/ SALCEDA
BNG e PSOE veñen de chegar a un pacto de goberno no que os nacionalistas quédanse coa alcaldía e as tenencias de alcaldía e cinco concellerías e os socialistas con dúas. Con este acordo pretenden “facer realidade todo o capital político que os veciños puxeron nas nosas mans logo de 30 anos de goberno do PP”, en palabras de Marcos Besada, actual alcalde do municipio. “Chegar a un pacto non foi difícil, foi simplemente laborioso”, asegura o nacionalista. Da mesma maneira Marina Cabaleiro, voceira socialista aposta porque este bipartito “será un bo goberno” e asegura que para chegar ao acordo “pensamos nos intereses de Salceda e non nos do partido”.
Segundo o acordo, que será rubricado o xoves 6 de xullo e aprobado en pleno o vindeiro mércores, as áreas de traballo repartense do seguinte xeito: Marcos Besada, alcalde, farase cargo da área de promoción económica, comercio e planificación de proxectos; Mónica Vizcaya, tenente de alcaldesa, darasse cargo de Benestar social, Igualdade e Sanidade. Urbanismo, Vías e Obras e Servizos será para Fortunato Álvarez; Xosé Manul Suarez levará Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Persoal, e Cándido Lorenzo levará Medio Rural, Comunicación Social e Participación Veciñal. Os nacionalistas terán dúas dedicacións exclusivas e unha parcial. Os socialistas, cunha dedicación parcial repartiránse dúas áreas: Educación, equipamentos educativos e promoción de emprego que sacará adiante Marina Cabaleiro e Medio Ambiente, promoción do medio e servizos de saneamento , auga, limpeza e recollida de lixo que estará dirixida por Enrique Cabaleiro.
“No propio pacto queda moi claro que un dos obxectivos é ter unha estabilidade durante os catro anos que garanta a aprobación dos ornamentos e un ha coordinación coas distintas administracións, sobretodo co caso da Xunta, xa que éun goberno de colaición do que forman parte as dúas forzas”, explica Besada.

Advertisements

0 Responses to “BNG e PSOE chegan a un acordo e firman un pacto de goberno para Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: