‘Defende Mos’ denuncia o ‘trato denigrante’ que recibe Mos por parte da Xunta

 

plataforma.jpg 

::  A Plataforma “Defende Mos”, a través dun comunicado,  quere “deixar claros” unha serie de feitos que están a acontecer en relación á polémica dos trazados do AVE ::


Segundo apuntan “hai dous meses”-sinalan- “a Comisión de Seguimento do concello de Mos foi recibida en Madrid polo xefe de gabinete de Víctor Morlán, secretario de estado para as infraestructuras. Nesa entrevista, se lles dixo aos representantes do noso concello que no que toca aos trazados do AVE e a pretensión de Fomento de facer unha nova autovía, era o Presidente da Xunta, o Sr. Touriño, quen tiña a última palabra”.

Segundo sinalan no comunicado “o Sr. Touriño négase repetidamente a ter unha entrevista cos representantes do Concello e coa Plataforma. Tampouco podemos falar coa sra. Caride, conselleira de Política Territorial nen, ata o de agora, co vicepresidente da Xunta.  Se facemos manifestaciones, se nos multa. Se imos a Santiago, non se nos fai caso. O presidente e o vicepresidente van a Vigo, van a Porriño, pero evitan por todos os medios pasar por Mos” .

Para a plataforma “Defende Mos” “isto non é só un insulto aos veciños, senón tamén aos nosos representantes no concello, Mª Xesús Escudero,  alcaldesa de Mos (PSOE), Martínez Ojea, (BNG) e Nidia Arévalo (PP) que tamén se ven ninguneados polas autoridades e que están xunto aos veciños para reivindicar que Mos debe ser escoitado, que unha nova autovía é un proxecto que non soluciona nada e que os trazados do AVE teñen que ser discutidos”.
 
A Plataforma recolleu 11.300 firmas contra unha autovía que é a todas luces innecesaria, cando suprimindo a peaxe Puxeiros-Porriño se solucionaría el problema, e 6.400 alegacións pedindo que falen cos veciños e co concello sobre o AVE. 
Nos preguntamos cál é a razón de que a Xunta abandone desta maneira a este concello, qué intereses pode ter ninguén en evitar falar dunhas infraestructuras que poden poñer en perigo a existencia deste concello galego. Só pedimos que se senten a falar e que escoiten o que temos que decir. 

Advertisements

0 Responses to “‘Defende Mos’ denuncia o ‘trato denigrante’ que recibe Mos por parte da Xunta”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: