Arquivo para a Categoría '_As nosas novas'

Ollo !!. A EDICIÓN DIXITAL DE A PENEIRA DA LOURIÑA CAMBIA DE ENDEREZO

redireccion_301

 A partir de hoxe as novas publicaranse no novo enderezo.

A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro

valmiñor

:: O Premio de Xornalismo Nano Cambeiro  foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos e foi concecido, noutras edicións, a persoeiros da relevancia de Francisco Fernández del Riego ou Xosé  Luís Méndez Ferrín ::

Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta sétima edición, o premio ao suplemento mensual’A Peneira do Val Miñor’ do xornal ‘A Peneira’ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por incardinarse na iniciativa xornalista do xornal’O Miñor’ que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora de ‘A Peneira’ ven a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara. Continuar lendo ‘A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro’

Hoxe preséntase o magazine cultural Kalaikia dedicado especialmente ao VI Festival de Cans

 

Kansentrada

 

A organización do Festival de Curtametraxes de Cans incluiu na súa programación a presentación do magazine cultural Kalaikia dedicado exclusivamente á sexta edición do certame. Será hoxe mércores , ás 21:00h. no baixo do Bar Moncho, unha das salas máis emblemáticas do Festival. Continuar lendo ‘Hoxe preséntase o magazine cultural Kalaikia dedicado especialmente ao VI Festival de Cans’

A revista cultural Kalaikia, de A Peneira, inaugura un blog e un grupo no facebook

imaxeblog

:: Para potenciar a súa presenza veñen de encetar a campaña de promoción na rede  ’YES WE K’ ::

Unha nova era comeza para a revista cultural do xornal A Peneira, Kalaikia. Ademais dos 10.000 exemplares distribuidos mensualmente xunto ao xornal dende hai dous anos, agora tamén inauguran unha edición dixital actualizada. O blog, ao que se accede dende a web www.apeneira.com, inclúe todas as seccións que se poden ler na edición papel, que se actualizarán coa saída de cada número, así como novas actualizadas relacionados coa cultura galega. Unha hemeroteca na que se poden consultar todos os números atrasados e unha invitación para unirse ao recén creado grupo de facebook son outras das novidades do espazo. Para potenciar a súa presenza veñen de encetar a campaña de promoción ‘YES WE K’ para o que piden aos seus lectores e lectoras que “lles axuden con suxerencias e comentarios a espallar este proxecto”

Continuar lendo ‘A revista cultural Kalaikia, de A Peneira, inaugura un blog e un grupo no facebook’