
O comité de expertos que asesora á Comisión Antitransfuguismo remitiu á mesma un informe vinculante no que considérase que o acontecido en decembro no concello de Mos, onde un edil socialista sumou os seus votos aos dos populares nunha moción de censura que deixou a alcaldía en mans do PP, constitúe un caso de transfuguismo.
Segundo o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que participou na xunta do Pacto Antitransfuguismo celebrada no Ministerio de Administracións Públicas en Madrid, o ditame dos expertos foi “por unanimidade” e afecta tanto ao concelleiro do PSdeG “por ter abandonado a disciplina de grupo” como aos integrantes do grupo popular “como beneficiados da ruptura dá disciplina”.
Jorquera mostrou a “satisfacción” do seu grupo por esta valoración e lanzou duras críticas ao PP por considerar que este partido mantén ”unha actitude hipócrita e unha práctica de doble moral”. Segundo o nacionalista, o representante dos populares na Comisión asegurou que os edís de Mos xa foran dados de baixa no partido, o que contrasta co feito de que o pasado decembro negáronse a que o acontecido en Mos fose considerado transfuguismo, “polo que foi preciso enviar o tema á comisión de expertos independentes” apuntou Jorquera.
O deputado nacional do BNG tamén afirmou que os concelleiros, supostamente expulsados da formación que lidera Alberto Núñez Feijóo, “observan participar nos actos do PP aínda que digan que están fóra do partido”, o que para Jorquera é “demostración evidente” de “hipocresía e doble moral”.


Carallo pro outro como vixilaba detrás do cuñao
Ademais de incognito
Pois menuda novidade que descubriron os tipos da comisión esta.
Pa iso non facia falta que foran a madrí. Con que preguntaran por Mos xa yo aclarabamos.
Agora averá que convocar unha comisión para saber si o de contratar matóns para o pleno é un acto de fascismo para impoñer pola forza unha decisión política ó pobo.
Seguro que dicen que é un acto de dinidade para salvarnos das gadoupas do PSOE e mailo BNG que nos estaban facendo moito dano ainda que nos non nos deramos conta. Agora estes si que son bos…
Estou de acordo contigo, ratamplan,que era un caso de transfuguismo xa o sabíamos todos, os primeiriños os autores do mesmo. Pero foi por unha boa causa, para librarnos deses da esquerda que son malos, malísimos…
Na moción de censura de Gondomar tamén tiñan ós mesmos matóns.
Aquí estase xogando a un xogo moi perigoso. Logo parecelles mal cando relacionas o PP cos golpistas do 36. Teñen as mesmas maneiras e crense lexitimados para impoñer a sua visión das cousas a calquera precio. O malo é que estes matóns teñen tan pouco sentido que igual lles daría empuñar un fusil e porse a matar xente. A experiencia así o demostra.
Teoricamente ninguno de estos sinvergüenzas (ex-peperos + gerardo alonso) se prodrá presentar en las próximas elecciones bajo las siglas del PP. Igual tenemos a FaceMos en las próximas elecciones y, me pregunto, ¿quien va a cojer las riendas del PP en Mos?
Se avecina una etapa fascinante en la política local del concello.
Pois alegrome moito de que teñamos unha alcaldesa tránsfuga do PP.
Así non poderá repetir.
non cantedes vitoria ,son tan trapalleiros e corruptos que algo argallaran para presentarse de novo.e senon tempo o tempo
ghato tens toda a razon,inda non condenaron o do 36 e de que collerian un fusil e dispararianlle a seus paia e irmans non o dudes,son falangistas puros, o que pasa que agora en ves de levar camisa azul levanha negra.
porfin teremos un lider de verda oke argallou todo e el e ,,,,camilito porfin saldra este concello aflote
Isto non é transfuguismo (calquera pode trocar de ideas).Isto e vender a diñidade, ademáis por catro perras
deixadevos de caralladas, teñen todo controlado, poder,metenlle medo o pobo, cos matons,e axente os apolla nas urnas. na republica pasou o mesmo os republicanos colleron o poder administrativo,pero realmente o poder tiñano os caciques,curas,teratenientes,etc…
agora eiqui pasou o mesmo, o poder na xunta e nalgun concello era de esquerdas e nacionalista, e votarona abaixo dous medios de comunicacion,os grandes empresarios,e unha asociacion que di que o castelan esta a punto de desaparecer en galiza(poño con Z para joder).TEMOS O QUE NOS MERECEMOS.e seguiran facendo o que queren,mentras lle den algunha sobra a catro caciques.
E DENDE EIQUI, QUERO FACER PUBLICA MIÑA ADMIRACION E RESPETO POR TODOS AQUELES QUE SE DEDICAN, OU DEDICARON, A POLITICA DENDA ESQUERDA,OU DENDE O NACIONALISMO, SENDO RESPETUOSOS, E COHERENTES COS IDEAIS QUE REPRESENTAN, E NON COMO O MEU VECIÑO QUE SENTIMOS VERGOÑA DE EL.
Un de Cela. Gustoume moito o teu comentario e estou dacordo en todo,menos no de temos o que nos merecemos, penso que non o merecemos, Galiza non se merece a esta xentuza. un saudo
Sinto ser pesimista,pero sucio como xogan estes personaxes,pouca importancia ten a noticia esta da comisión…Nas eleccións argallarán outra parecida… Non dan puntada sen fío…! Está é capaz de operarse e chamarse Manolo con tal de non perder o trono que tantos favores (e cubatas jeje) lle está costando… ¡Mi Nidi nunca falla…! ¡Mi Manolo nunca falla…
CLARO QUE TEN IMPORTANCIA O QUE SE DIXO EN MADRID
Leede o pacto antitransfuguismo e xa veredes si ten importancia, caralo si ten, o que importa é que o PP que firmou o pacto en Madrid o cumpla agora aquí. O demáis, internauta de CELA, xa o sabemos, eles son sempre os mesmos FASCISTAS.
GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR NESTE FORO
a min gustaríame que se presentara en Mos o partido T.I.MOS (tránsfugas independentes de Mos) O impoortante sería que seguiran organizando cuchipandas, que é o que a min me gusta. Ata logo, teño que marchar que me están chamando do concello para un servicio co meu camión
está ben o do partido TIMOS, porque o que está pasando en Mos é un auténtico timo á democracia
As gadoupas do facherío (maletín en man)exténdense por toda Galiza. Lembrade en xuño do ano 2008, a moción de censura en Calvos de Randín (Ourense): un tránsfuga do PSOE ( outro máis… de donde os sacarán para sairlle tantos tránsfugas?)e catro transfugas do PP, e unha moción de censura que non chegou a levarse a cabo porque a veciñanza pasou a noite na casa consitorial para non deixar acceder aos tránsfugas ao salón de plenos. Tamén alí houbo matóns e “leña” para os veciños e veciñas que impediron a entrada aos tránsfugas… A historia vaise repetindo, e seguirá mentres existan partidos que levan a calquera nas súas listas, partidos que están dispostos a comprar e persoas dispostas a venderse.
gerardo no e un transfuga ,el sempre foy
do pp .o problema esta en quen o levou na lista do psoe e o presentou como socialista,chus e raul frances inda non deron a cara e lle dixeron o electorado que foy unha aposta personal de eles dous ,iso solo o saben os que pelearon con eles para que gerardo non fora na lista,pero como eles manexan o partido en mos pois nin caso
sabela estas aqivocada ti ou eu ,a mocion de calvos de randin si creo que se celebrou dous meses mais tarde,os do pp non paran ata que conseguen o que queren. son como os lobos collen as presas por encerronas e cansancio
triste é que a democracia non teña cauces máis axiles para botar a baixo os transfugas
Puf q resak!!!inda q a stas oras non tou moi despexado, o q teño claro e q stes teñen argallado como facer para poder presentarse outra vez, de feito creo q o d darse d baixa do partido ten bastant q ver con iso.Foronse do partido para q non tivesen q votalos e así poder voltar logo.
Hai cauces para facer desaparecer estes bandidos, porque hai un poder lexislativo que pode lexislar, os dos partidos que mais transfugar xeneran (PP e PSOE) teñen a maioria suficiente para facelo, porque non o fan? a cambio fan un PATO antitransfugismo, CUA CUA CUA…..
BOMBAZO……….
JOSE MAÑAS GOMEZ
(Presidente da Asociación de Empresarios de Mos) e gran impulsor do transfuguismo Mosense ó igual que outros da súa xunta directiva, FOI DETIDO por presunta Estafa, Falsedad e o mais importante por “FALSIFICAR presuntamente ASUNTOS DE SUBVENCIONS a Xunta de Galicia”.
¿Terá algo que ver Xerardo?.
Información sacada do Faro de Vigo (Sección de sucesos de hoxe).
Esta noticia comfirma de que tipo de xente manexa os empresarios de mos, teñen 20 caras van de bos,educados,catolicos,colaboran con distintas ong, para maquillar o que realmente son.tes toda a razon zurdazo, no de que foi un dos impulsores da mocion, pero ninguen o nonbrou, nin se dixo nada de posibles beneficios hacia esa asociacion de empresarios, que preside.