:: O alcalde do Porriño agarda aprobar as contas deste ano e recoñece que coa negociación verá a “sensibilidade” de cada forza política ::
Raúl Francés, alcalde do Porriño, agarda que o 17 de xullo, data do pleno extraordinario no que se debaterán os orzamentos, queden aprobadas as contas do concello para este ano. De momento xa lle deu persoalmente o documento aos voceiros de todos os grupos políticos da corporación e agarda que a mediados das vindeiras semanas comecen as negociacións.
Unhas negociacións que buscan o apoio dos demais grupos aos orzamentos e en ningún caso un pacto de goberno estable. Este poderá chegar, según Francés, pero non supeditado aos orzamentos. De feito, o documento das contas o negociará “tanto cos tres partidos que chamaron a porta, como co que non o fixo, e refírome a Ciudadanos”,asegurou Francés hoxe en rolda de prensa.
Non haberá pactos de goberno estable polo momento, pero o alcalde si recoñeceu que coa negociación das contas sopesarase quen pode ser un mellor aliado, “porque os consensos fanse coa práctica”. Neste senso Francés asegurou que o BNG deixoulle vía libre para negociar. Algo que non parece que aconteza no PP, logo das últimas declaracións de Feijoo. A este respecto, o alcalde nacionalista asegurou qeu ten “moito respecto con Manuel Carrera, que tomou unha posición moi valente” e asegurou que el será o seu interlocutor válido, ante a pregunta de se falaría directamente coa dirección autonómica do Partido Popular.
Os orzamentos ascenden a máis de 23 millóns de euros.
Máis de 23 millóns de euros, é dicir, case catro mil millóns das antigas pesetas, é a cifra á que ascenden os orzamentos redactados polo BNG e que agora serán consensuados co resto das forzas políticas. “Trátase duns orzamentos ambiciosos e reais”, asegura Francés, dos que sete millóns pertencen a investimentos de fondos propios. É dicir, non se contemplan a máis os investimentos que a través de convenios co concello podan facer outras administracións.
Nestes orzamentos contémplase, asegura o alcalde, problemas do Porriño qeu veñen pondo sobre a mesa asociación, veciños e outros partidos políticos. Neles destínase unha importante partida á estabilizaión do emprego, coa creación dun área de recursos humanos, amplíase a área de urbanismo, servizos de benestar ou a contratación de 25 novos peóns, o que suporá a maior oferta de emprego público no concello. “Búscase así a mellora dos servizos que presta o concello e un traballo digno e estable”.
Investirase ademáis 3 millóns de euros no saneamento das parroquias, na mellora de viais e parques. Ademais haberá unha mellora das instalacións deportivas e contémplase a adquisición de terreos para a recuperación do Louro. Tamén hai unha partida para a expropiación de terreos para a conexión do Polígono de vivendas de Torneiros co centro urbano.
1,2 millóns de euros destinaranse a políticas de vivenda, entre promoción de vivenda pública e a erradicación do chavolismo.



0 Respostas to “Francés negociará os orzamentos con todos os partidos sen supeditalos a un pacto de goberno estable”